Nós

Nós

As orixes de Banco Pastor datan do ano 1776, cando o comerciante-banqueiro catalán, Jaime Dalmau Batista, funda na cidade da Coruña, un establecemento dedicado ao comercio ao por maior e a operacións crediticias.

A nosa entidade presenciou o troco de dúas moedas: do real de vellón á peseta, en 1868, e da peseta ao euro, en 2002.

Desde hai 235 anos, Banco Pastor é  testemuña excepcional dos avatares sociais, culturais e económicos mundiais. O desexo de contribuír á mellora social e de se adaptar aos novos tempos é unha constante en todas as etapas do Banco.
 

Junta General de Accionistas de 2001 Xunta Xeral de Accionistas de 2001.

2001 Cumpridos trinta anos de mandato, Carmela Arias renuncia, por razóns de idade, ao seu cargo de presidenta de Banco Pastor. Ela é nomeada presidenta de honra da entidade, e José María Arias Mosquera, novo presidente de Banco Pastor.
A que moitos consideran a mellor película de ciencia ficción da historia, 2001, unha odisea no espazo, de Stanley Kubrick, reponse en todos os cines do mundo. En 1968, proxectárase por primeira vez en Estados Unidos. A análise do xenoma, material xenético contido nas células dun organismo, confirma que o ser humano ten pouco máis de 30.000 xens. O termo foi cuñado en 1920 por Hans Winkler, profesor de Botánica na Universidade de Hamburgo, Alemaña, como un acrónimo das palabras gene e chromosoma. Mendel publicara, en 1866, as leis da herdanza en Proceedings of the Natural History Society of Brunn. Dous anos máis tarde, Friedrich Miescher, biólogo suízo, identifica o ADN nuclear.

2003 Un ano despois de que se adopte o euro como moeda única na Unión Europea, José María Arias presenta un Plan Estratéxico a tres anos para Banco Pastor polo que se pretende potenciar a maquinaria comercial da entidade. Antes de rematar 2005, Banco Pastor xa cumpriu todos os obxectivos marcados había tres anos.

José María Arias Mosquera, Presidente de Banco Pastor José María Arias Mosquera, Presidente de Banco Pastor
Sucursal del Pastor en Sevilla Sucursal do Pastor en Sevilla

2006 José María Arias presenta o seu segundo plan estratéxico, chamado Plan Delta, e un ambicioso “Acordo Marco de Beneficios Sociais e de Melloras na Conciliación da Vida Persoal e Profesional en Banco Pastor”.

Muhammad Yunus recibe o Premio Nobel da Paz en 2006 "polos seus esforzos para crear desenvolvemento económico e social dende abaixo". Yunus recibe pola prensa o nome de banqueiro dos pobres e é coñecido mundialmente pola súa invención do sistema de microcréditos.

2008 A crise económica provoca a caída dun dos principais bancos de investimento do mundo: Lehman Brothers.
José María Arias, presidente de Banco Pastor, afirma, nun discurso diante do empresariado galego en A Coruña, que nesta crise nos atopamos diante de

"moitas decisións que debemos tomar e incógnitas que resolver, mais un só valor verdadeiro: a habilidade organizacional para xestionar cunha información incompleta e en tempo real."

"Para iso é imprescindible ter feitos os deberes, adiantándose ás tendencias. Eses “deberes” en banca retallista, máis aló da atención ao cliente, son o que a min gosta cualificar coma unha cuádriga: o equilibrio no crecemento, cun modelo de negocio non concentrado nun único lado do balance: o activo; a liquidez; a solvencia e por último, a eficiencia. Todo isto dirixido cunhas rendas flexibles que nos permiten ser capaces de nos adaptar e reaccionar con axilidade diante dos “elementos”. Hoxe, máis que nunca, a calidade da xestión amosa as características dos que superarán esta crise: Bancos que se distingan pola atención ao cliente e conten cunha boa base de depósitos, cun grao de apoltronamento razoable, colchóns para pasaren a crise, balances sans que non inclúan activos tóxicos e, claramente, un perfil conservador da banca clásica de toda a vida”.

Sucursal del Pastor en Barcelona Sucursal do Pastor en Barcelona
Carmela Arias y Díaz de Rábago. © Arnold Newman, 1998. Carmela Arias y Díaz de Rábago. © Arnold Newman, 1998.

2009 será lembrado como o ano da investidura do primeiro presidente negro de EEUU: o carismático senador demócrata Barack Obama. No seu discurso de toma de posesión como 44º presidente, ante máis de dous millóns de persoas que o escoitaban emocionadas, o novo líder transmitiu un halo de esperanza para afrontar a maior crise económica da historia e dixo:


«Os nosos retos poden ser novos. Os instrumentos cos que os afrontamos poden ser novos. Pero os valores dos que depende o noso éxito -o esforzo e a honradez, o valor e o xogo limpo, a tolerancia e a curiosidade, a lealdade e o patriotismo- son algo vello. Son cousas reais. Foron o calado motor do noso progreso ao longo da historia. Por iso, o que se necesita é volver a estas verdades».


A muller que fixo historia na banca española en 1971, Carmela Arias y Díaz de Rábago, Presidenta de Honra de Banco Pastor e Presidenta da Fundación Barrié de la Maza, faleceu na súa cidade natal, A Coruña, o 27 de outubro. O seu lema, «hai que crer no que se fai e facelo ben», marcou unha vida de entrega, afán de superación, respecto e amor ao traballo. Admirada polo seu quefacer persoal e profesional, baseado nun intenso compromiso coa sociedade que lle tocou vivir, contribuíu ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia. Os valores de Banco Pastor -honradez, respecto, integridade, vontade, lealdade, sacrificio, constancia, solidariedade, autoesixencia, xenerosidade, amplitude de miras, dignidade e responsabilidade- impregnaban o día a día dunha muller cuxa dedicación persoal e patrimonial á Fundación será lembrada como o seu gran legado.