Nós

Nós

As orixes de Banco Pastor datan do ano 1776, cando o comerciante-banqueiro catalán, Jaime Dalmau Batista, funda na cidade da Coruña, un establecemento dedicado ao comercio ao por maior e a operacións crediticias.

A nosa entidade presenciou o troco de dúas moedas: do real de vellón á peseta, en 1868, e da peseta ao euro, en 2002.

Desde hai 235 anos, Banco Pastor é  testemuña excepcional dos avatares sociais, culturais e económicos mundiais. O desexo de contribuír á mellora social e de se adaptar aos novos tempos é unha constante en todas as etapas do Banco.
 

Carmela Arias, Presidenta de Banco Pastor. Carmela Arias, Presidenta de Banco Pastor.

1971 A Asociación Española de Mulleres Empresarias de Madrid, ASEME, nace neste ano co obxectivo de apoiar e promover o desenvolvemento pleno da muller na súa condición de empresaria, profesional ou directiva. Tamén neste ano, Suíza aproba o voto feminino.

A primeira muller en España que accede á presidencia do Consello de Administración dun banco é Carmela Arias y Díaz de Rábago, dona de Pedro Barrié de la Maza -o cal falecera en marzo dese ano- e vicepresidenta de Banco Pastor. Carmela Arias será presidenta de Banco Pastor ata que no ano 2001 o Consello de Administración do Banco nomea presidente a José María Arias Mosquera.

1974 Este año recordarase porque o presidente de Estados Unidos, Richard Nixon, renuncia,  publicamente por televisión, como resultado do escándalo Watergate. Ao día seguinte é sustituido polo entón vicepresidente Gerald Ford.  É o ano en que a poboación mundial alcanza os 4.000 millóns de persoas, e Banco Pastor abre a súa primeira oficina en Barcelona, un ano despois faino en París.

Edificio del Pastor en Barcelona, en su fase constructiva. Edificio do Pastor en Barcelona, na sua fase constructiva.
Anuncio publicitario de Banco Pastor, por Gerardo Tellado. Cartel publicitario de Banco Pastor.

1975 As accións de Banco Pastor son admitidas a cotización na Bolsa de Madrid.

Margaret Thatcher é elixida presidenta do Partido Conservador británico. Bobby Fischer refusa defender o seu título de campeón mundial de xadrez perante Anatoly Karpov. Bill Gates e Paul Allen fundan a empresa de software, Microsoft. Tamén neste ano finaliza a Guerra de Vietnam coa caída de Saigón. E o príncipe Juan Carlos de Borbón é proclamado rei de España, co nome de Juan Carlos I de España.

1978 O 1 de novembro, Banco Pastor implanta o seu servizo de tarxetas de crédito.

A historia das tarxetas de crédito comezara uns anos antes, e non con American Express, Visa, MasterCard, senón con Frank X. McNamara e dous dos seus amigos.
En 1949, Frank X. McNamara, líder da Hamilton Credit Corporation, vai cear con Alfred Bloomingdale, un grande amigo de McNamara e neto do fundador da tenda de Bloomingdale, e Ralph Sneider, o avogado de McNamara. Os tres homes citáranse nun restaurante famoso de Nova York ubicado xunto ao Empire State.
Os problemas dos clientes centran a conversa. Ao remataren a cea, McNamara busca a súa billeteira para pagar a comida en efectivo. Ao descubrir que non ten cartos veuse na obriga de chamar á súa dona para que se achegase a pagar a comida. McNamara promete que pensará algunha solución para que iso non volvese suceder. Fusionando dous conceptos desa cea, un problema dun cliente verbo dos préstamos sen fraude de tarxetas individuais que ofrecían algúns comercios e o feito de non ter cartos en efectivo para pagar a comida, a McNamara se lle ocorre unha evolucionada idea: unha tarxeta de crédito que poida ser empregada en localidades múltiples. O que é completamente novo neste concepto é que iría haber un intermediario entre as empresas e os seus clientes.
Despois de discutir, con Bloomingdale e con Sneider, a idea dunha única tarxeta para todos os comercios e non unha para cada un, os tres xuntan algún diñeiro e crean unha empresa en 1950, á que chaman “Diners Club”.

O Diners Club actuaría como intermediario. En vez de empresas individuais que ofrecesen créditos aos seus propios clientes (os cales ían ter que pagar máis tarde), o Diners Club tiña como obxectivo ofrecer créditos a persoas para varias empresas (logo, cobraría aos clientes e pagaría ás empresas).

Anuncio publicitario de Banco Pastor, por Gerardo Tellado. Anuncio publicitario de Banco Pastor, por Gerardo Tellado.
Memoria 1985 de Banco Pastor. Memoria 1985 de Banco Pastor.

1985 Posta en servizo de caixeiros automáticos dos telebancos 4B nas sucursais de Banco Pastor.

É no ano 1967 cando, se instala o primeiro caixeiro automático en Londres. O sistema foi inventado por John Shepherd–Barron, e desenvolvido pola compañía de seguridade De La Rue. Daquela os usuarios tecleaban catro díxitos, e a máquina entregáballes 10 libras esterlinas. En 2008 existían máis de 1.4 millóns de terminais arredor do mundo. Os países que neste ano contan con maior cantidade de caixeiros automáticos son Xapón e España.

1986 O economista estadounidense, Hyman Minsky, publica a súa obra mestra Estabilizando unha inestable economía.

José María Arias, presidente de Banco Pastor dende 2001, citaríao nun discurso pronunciado en 2008 diante de 400 empresarios no Clube Financeiro da Coruña. As súas palabras foron: “A innovación financeira é inevitable, mais a lección aprendida -a raíz da crise americana das hipotecas subprime e a caída dos Bancos de Investimento- é que esta innovación, xunto á perda de aversión ao risco, non nos debe volver levar a conceder créditos aumentando o valor da garantía sen unha base real. Como dicía o criticado, pero visionario, Hyman Minsky en 1986 na súa obra mestra Estabilizando unha inestable economía: un longo período de rápido crecemento, baixa inflación, baixos tipos de xuro e estabilidade macroeconómica producen unha crecente compracencia diante da toma de risco. Isto, por simple que pareza, é o que ocorreu”.


En 1986, Banco Pastor presenta o seu novo símbolo de identidade corporativa, o cal se mantén ata a data.

A la dcha., nuevo logotipo del Pastor. Á drta., novo logotipo do Pastor.
Cartel publicitario de Banco Pastor. Cartel publicitario de Banco Pastor.

1987 O alpinista italiano, Reinhold Messner, convértese na primeira persoa que ascende os 14 “oitomiles” da Terra ao coroar o cumio do Lhotse, no Himalaia.

Banco Pastor lanza unha iniciativa inédita no mercado bancario español: a Conta Xoven, un paquete de produtos que agrupa, arredor dunha conta corrente especial, unha serie de servizos pensados fundamentalmente para as persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 26 anos.

1989 A banca española designa ao profesor D. Ángel Latorre Segura como Defensor do Cliente dos Bancos, figura que podía intervir exclusivamente naquelas reclamacións por contía inferior a 10 millóns de pesetas.
O Consello de Administración de Banco Pastor aproba un novo Plan Estratéxico para a entidade, co obxectivo fundamental de potenciar aínda máis a orientación comercial do Banco, achegar os Servizos Centrais ao mercado e mellorar o nivel de servizo ofrecido aos diferentes segmentos de clientela.
Nace a Libreta Plus de Banco Pastor, cunha remuneración moi superior ás cartillas de aforro ordinario, coa vantaxe de que esta aumenta en función do saldo medio que o cliente decida manter, e ademais total dispoñibilidade.

Memoria 1990 de Banco Pastor. Memoria 1990 de Banco Pastor.
Tarjetas de crédito de Banco Pastor. Tarxetas de crédito de Banco Pastor.

1992 Celébranse os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla. Ese mesmo ano, Banco Pastor é pioneiro en banca a distancia mediante a creación da Oficina de Banca Directa, co obxectivo de “dar servizos bancarios sen a presenza directa do cliente, ao que se atenderá unicamente a través de medios de comunicación a distancia dispoñibles (teléfono, fax, correo, telebancos 4B) ou que no futuro se poidan establecer”.

1993 Asínase en Washington a Declaración de Principios para a autonomía de Gaza e Jericó, tras os acordos de Oslo; Isaac Rabin e Yaser Arafat danse a man. Banco Pastor implementa o servizo telefónico de Liña Pastor, coa finalidade fundamental de proporcionar aos clientes, de calquera das oficinas de Banco Pastor, a posibilidade de realizar consultas ou determinadas transaccións bancarias por teléfono, cun horario máis amplo que o establecido para a apertura de oficinas cara ao público.

Fragmento del discurso de la Presidenta del Banco a la JGA. Fragmento do discurso da Presidenta do Banco á XXA.
Sede coruñesa de la Fundación Barrié, inaugurada en 1995. Sede coruñesa da Fundación Barrié, inaugurada en 1995.

1998  O 1 de xuño constitúese o Banco Central Europeo (BCE) coa misión de manter o poder adquisitivo da moeda única europea, o euro.

Nos últimos anos prodúcese a incorporación, á carteira de produtos das entidades financeiras, dunha gran variedade de novos servizos, mesmo non estritamente bancarios. Neste contexto nace Pastor Vida.