Nós

Nós

As orixes de Banco Pastor datan do ano 1776, cando o comerciante-banqueiro catalán, Jaime Dalmau Batista, funda na cidade da Coruña, un establecemento dedicado ao comercio ao por maior e a operacións crediticias.

A nosa entidade presenciou o troco de dúas moedas: do real de vellón á peseta, en 1868, e da peseta ao euro, en 2002.

Desde hai 235 anos, Banco Pastor é  testemuña excepcional dos avatares sociais, culturais e económicos mundiais. O desexo de contribuír á mellora social e de se adaptar aos novos tempos é unha constante en todas as etapas do Banco.
 

Postal navideña de Banco Pastor en 1930. Postal navideña de Banco Pastor en 1930.

1936-1945 Decláranse a Guerra civil española e a II Guerra Mundial. Castelao publica Sempre en Galiza en 1944, en Bos Aires.

1942 Vinte e seis gobernos asinan a Declaración das Nacións Unidas, en Nova York, cidade na que, tamén ese mesmo ano, se estrea Casablanca, todo un mito da historia do cine, e os New York Yankees, liderados polo futuro home de Marilyn Monroe, Joe DiMaggio, gañan a liga de béisbol.

Ese ano, Banco Pastor transcende a súa dimensión exclusivamente galega coa apertura da primeira oficina en Madrid, mediante a adquisición da Banca García Calamarte.
Tamén ese mesmo ano, a Compañía de Tranvías da Coruña promove, baixo o pulo do seu presidente Pedro Barrié, a primeira liña interurbana de trolebuses, concedida en España e a primeira estrada electrificada, no treito A Coruña-Carballo.

Publicidad de Banco Pastor. Publicidad de Banco Pastor.
La primera gran obra de Fenosa. A primeira gran obra de Fenosa.

1943  O ano no que o mundo vive acontecementos que cambiarán a súa historia, coma o comezo dunha folga de fame na India de Mahatma Gandhi, para protestar contra a súa detención; a rendición dos nazis na Batalla de Stalingrado ou a capitulación dos xaponeses na Batalla de Guadalcanal, Pedro Barrié de la Maza funda Fuerzas Eléctricas del Noroeste Sociedad Anónima (FENOSA) e dá unha volta á capacidade de progreso de Galicia.

1960 África independízase de Francia. Despois de décadas de dependencia, países coma o Congo, a República Centroafricana, Chad, Costa do Marfil, Níxer, Burkina Faso, Madagascar ou Togo independízanse da República Francesa. Mentres, o papa Juan XXIII nomea, por primeira vez cardeal, a un relixioso de raza negra, Laurean Rugambwa.
En Galicia inaugúrase, no peirao coruñés, a factoría bacallaeira máis moderna de Europa , pertencente á empresa PEBSA, presidida por Pedro Barrié de la Maza.

Acción de Industrias Gallegas, S.A. Acción de Industrias Gallegas, S.A.
Estatutos de la Fundación Pedro Barrié de la Maza. Estatutos da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

1966 A etimoloxía da palabra filantropía deriva do grego φίλος philos (ou filos), e άνθρωπος, antropos, que se traducen respectivamente como  amigo de (ou amor), e home (ou ser humano), polo que filantropía significa amigo da humanidade. O termo foi creado polo emperador romano Flavio Claudio Xuliano (331/332 - 26 de xuño de 363). Aínda que as fundacións existen dende hai séculos, considérase que o concepto moderno ten a súa orixe na Fundación Ford, creada o 15 de xaneiro de 1936 por Edsel Ford, o fillo de Henry Ford. Pola súa banda, a orixe do movemento pola RSC (Responsabilidade Social Corporativa) ten a súa orixe na década dos trinta para uns autores e para outros nos setenta. Mais o certo é que, dende os anos noventa, a globalización foi cobrando forza e evolucionando constantemente.
En Galicia, un dos grandes impulsores desta conciencia solidaria  filantrópica é, sen lugar a dúbidas, Pedro Barrié de la Maza quen, en 1966 e como presidente de Banco Pastor, crea a Fundación que leva o seu nome. Dende entón, a Fundación Barrié ten investido en Galicia máis de 300 millóns de euros, cos cales contrubuíu ó seu progreso nos ámbitos da educación, da investigación, da cultura y dos servicios sociais. Algunhas das súas principais achegas foron dedicadas á construción e equipamento de edificios docentes -por exemplo, as Escolas de Arquitectura Técnica e Superior da Coruña (1973) e a de Enxeñeiros Industriais de Vigo (1975)-, á conservación e posta en valor do patrimonio de Galicia -entre as que destacan as desenvolvidas na Catedral de Santiago de Compostela- e a concesión de máis de 14.300 bolsas de estudo. Importantísimas aportacións, todas elas, que contribúen a consolidar a actividade da Fundación Barrié de la Maza.

1968 Comeza  Maio do 68 coa toma da Universidade da Sorbona, polos estudantes franceses, para reivindicar melloras socioeconómicas.

É a época na que Banco Pastor incorpora á súa estrutura os primeiros equipos informáticos para a mecanización de operacións.

Central de Servicios Mecanizados de Banco Pastor. Central de Servicios Mecanizados de Banco Pastor.