![]() |
|
|
|
|
Banco Pastor segue, dende hai anos, unha tendencia e un proceso de transformación cara ao bo goberno corporativo das sociedades cotizadas. Xa dende 1988, antes da formulación do chamado "Informe Olivencia", o Banco creara unha Comisión de Control e Auditoría, e o noso órgano de goberno encomendara a estratexia corporativa a un Comité de Dirección, cuxa función é a de elevar propostas estratéxicas ao Consello de Administración do Banco.
O 2 de febreiro de 2002 o Consello de Administración aprobou un Regulamento Interno do Consello. Dous anos máis tarde, na súa xuntanza do 26 de febreiro de 2004, o Consello do Banco, co obxectivo de cumprir coa esixencia establecida pola “Lei de Transparencia” modificou e ampliou o Regulamento coa finalidade de incluír normas específicas para o desenvolvemento axeitado das Comisións de Control e Auditoría, Nomeamentos e Retribucións, e Comité de Dirección. Con posterioridade a esta modificación, producíronse trocos puntuais no devandito Regulamento do Consello de Administración, entre outros, adaptar a súa redacción ao Código Unificado de Bo Goberno aprobado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores en maio de 2006.
Actualmente, o Banco, para dar exacto cumprimento ás esixencias legais en materia de transparencia, emanadas das devanditas Leis, de Medidas de Reforma do Sistema Financeiro e "de Transparencia" e, ademais, para atender as recomendacións emanadas do Presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores, deu carácter estatutario á Comisión de Control e Auditoría e aprobou o Regulamento de Réxime Interno e Funcionamento do Consello de Administración e das súas Comisións, e o Regulamento da Xunta Xeral de Accionistas.
Ademais destes documentos, o Consello de Administración aprobou, dende o exercicio 2003, o Informe de Goberno Corporativo e o Informe de Actividades da Comisión de Control e Auditoría, documentos postos en coñecemento e aprobados pola Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas de cada ano; os últimos na Xunta Xeral de Accionistas celebrada o día 23 de abril de 2009.
Toda esta información e documentación mencionadas, que foron remitidas á CNMV, encóntranse, así mesmo, a disposición xeral, na nosa páxina web.
Sorte é o que sucede cando a preparación e a oportunidade... atópanse e fusionan.

Sorte é o que sucede cando a preparación e a oportunidade...atópanse e fusionan.