BANCO PASTOR GAÑA 48 MILLÓNS DE EUROS E REFORZA A SOLIDEZ DO SEU BALANCE
- Pastor frea a morosidade, deixando o índice no 4,94%, practicamente idéntico ao 4,88% alcanzado no terceiro e cuarto trimestres do pasado exercicio.
- Sólidos crecementos tanto en pasivo coma en créditos.
- "Podio" entre a banca doméstica en solvencia, eficiencia e liquidez.
A Coruña, 30 abril 2010. Banco Pastor inicia o ano 2010 aplicando a mesma política que seguiu durante o 2009, consolidar a súa fortaleza en capital e liquidez xestionando activamente os riscos, ante a persistente debilidade da economía. No primeiro trimestre do ano, Pastor gañou 48,1 millóns de euros antes de impostos e 34,4 en beneficio atribuído, co que supera as expectativas do mercado.
"Para Banco Pastor, a prioridade este ano é seguir reforzando a nosa fortaleza financeira, como xa sinalei en repetidas ocasións. Somos o único banco doméstico que aumentou a súa cobertura no trimestre e a nosa previsión é que contamos con provisións xenéricas suficientes para lles facer fronte ás persistentes debilidades da economía, mesmo máis alá do 2011", afirmou José María Arias, presidente de Banco Pastor. "Por outro lado, freamos a morosidade de forma contundente. Así, as entradas netas decrecen por sexto trimestre consecutivo, co que se reduciron, neste período, nun 79%. Así, mantemos a ratio de mora practicamente intacto sobre o presentado tanto en decembro coma en setembro de 2009", remarcou o presidente de Banco Pastor.
REFORZAMENTO DO BALANCE
Mantendo a tradicional política de prudencia, Banco Pastor considerou conveniente seguir reforzando as súas provisións ata consolidar unha cobertura do 56,14% –un 117,9% incluíndo garantías reais–, cun fondo de 884 millóns de euros en cifras absolutas –un 92% máis que en marzo de 2009–, dos que 266 millóns de euros corresponden aos fondos xenéricos e 122 aos riscos subestándar. Banco Pastor é a entidade doméstica que preserva un maior nivel de fondo xenérico en relación co seu investimento crediticio.
"Seguimos consolidando e afianzando o noso posicionamento de podio da banca nacional en solvencia, eficiencia e liquidez. Todo iso acompañado de recorrencia nos resultados grazas ao dinamismo comercial, con significativos crecementos das cifras de negocio bancario tanto en créditos coma en depósitos", sinalou o conselleiro delegado da entidade, Jorge Gost.
Efectivamente, Banco Pastor mantén as súas ratios de solvencia nos niveis máis altos da banca doméstica española, cunha ratio de core capital do 8,3%, unha ratio BIS do 12,2%, crecendo ambos os dous en 142 puntos básicos sobre a de hai un ano e un TIER 1 do 10,5%, 236 puntos básicos máis ca no primeiro trimestre do 2009. "Banco Pastor demostra que é capaz de xerar recursos propios por enriba dos requirimentos europeos", recordou o presidente do Pastor.
Pastor segue, ademais, reforzando a súa posición de liquidez, materializada nunha cobertura do 73,4% dos créditos a clientes cos depósitos tradicionais, taxa que se converte en máximo histórico e que ademais se consolida, ao contar cun financiamento institucional sen vencementos, que non estean xa cubertos, ata o 2012. Pastor conta ademais cunha primeira liña de liquidez superior aos 2.100 millóns e unha liquidez adicional por enriba dos 5.600 millóns.
RESULTADOS RECORRENTES
Os resultados de Pastor mostran como todas as marxes crecen respecto do exercicio anterior, o de xuros crece un 0,5%, a marxe bruta un 5,5% e o de explotación faino nun 7,2% e obsérvase que, despois de dotacións, se obtén un BAI que permite reforzar a solvencia.
Dado que os gastos xerais de administración creceron en tan só un 4,5%, a ratio de eficiencia situouse nun 35,93%, 38 puntos básicos mellor que a dun ano antes, co que se mantén unha vez máis entre as líderes do sector.
ACTIVIDADE COMERCIAL
A captación de clientes vinculados e as marxes da conta de resultados mostran claramente a decidida actividade comercial de Pastor a pesar da conxuntura económica, con presións sobre as marxes, a guerra do pasivo ou os movementos no novo mapa financeiro español.
Os depósitos de clientes susceptibles de investimento –é dicir, excluídas a cesión temporal– totalizan un montante de 14.727 millóns de euros, 865 millóns máis ca en marzo de 2009, un 6,2% en termos relativos, incremento que, nun 65%, se manifestou neste primeiro trimestre; en concreto, dende o peche de 2009, o crecemento cifrouse en 562 millóns de euros. O 82% do crecemento global corresponde aos depósitos a prazo do sector residente que, en termos interanuais, se ven incrementados en 711 millóns de euros, un 9,1%. Destes, 576 millóns materializáronse neste primeiro trimestre.
A clave do éxito é a atractiva e variada oferta competitiva de produtos en que se estrutura esta clase de depósitos, depósito bonificado, crecente, de xuros anticipados, a diferentes prazos etc.
Con todo, o esforzo na captación de recursos de clientes non se centrou soamente nos depósitos de balance. Así, o conxunto dos fondos de investimento creceron interanualmente un 11,2% e o dos fondos de pensións nun 15,1%.
No que respecta aos créditos a clientes, Pastor mostrou unha destacada actividade. En termos de investimento crediticio bruto, o crecemento respecto a marzo de 2009 foi do 4,3%. Se tivésemos que destacar algún factor esencial que explique este comportamento, indubidablemente temos que referirnos ao Hipotecal. O incremento dos saldos de balance por hipotecas alcanzou os 1.282 millóns de euros, un 31,9% respecto a marzo do exercicio anterior. A este respecto, Jorge Gost sinalou que se trata dunha "boa proba de que Banco Pastor segue financiando as familias durante este período de crise. Nestes tres primeiros meses de 2010, o crecemento xa se eleva a 407 millóns de euros".
Se iso se produciu polo que a particulares se refire, non menos importante é o incremento do noso financiamento a pemes, tanto polo lado dos empréstitos ICO, onde seguimos manténdonos como unha das dez entidades máis activas no país, coma dende o punto de vista doutras modalidades crediticias asociadas a diferentes convenios. O saldo dos primeiros creceu un 16,8% en taxa interanual, case a metade neste primeiro trimestre de 2010 e, pola súa vez, o importe concedido en empréstitos asociados a distintos convenios nesta primeira parte do ano superou nun 31,8% o montante formalizado ata o 31 de marzo de 2009.
BANCO PASTOR CRECE TANTO EN CRÉDITOS COMA EN DEPÓSITOS E GAÑA 61,5 MILLÓNS DE EUROS
- Os recursos de clientes crecen un 11,7%.
- O investimento crediticio crece un 6,2%.
- Clientes: 36.000 novos clientes particulares e 6.200 novas empresas.
A Coruña, 30 de xullo de 2010. - A presentación de resultados mostra, entre outras cousas, a actividade comercial dunha entidade e Banco Pastor exhibe crecementos tanto en depósitos coma en créditos no que se está a confirmar como o peor ano da crise. A entidade logrou un beneficio neto atribuído de 61,5 millóns de euros entre xaneiro e xuño de 2010, un 25% menos debido aos extraordinarios que se contabilizaron en 2009.
En canto a solvencia, aspecto fundamental tras as probas de resistencia dos supervisores europeos, o Pastor mellorou as súas ratios; en concreto o Tier 1 posiciónase neste primeiro semestre nun 10,43% e o Core Capital nun 8,31% e mellora, así, en 43 puntos básicos e en 90 puntos básicos, respectivamente, os de xuño de 2009.
O presidente de Banco Pastor, José María Arias, coincidiu cos seus homólogos ao sinalar a importancia e oportunidade das recentes probas de estrés da banca europea, "que non deberían cuestionarse aínda que, ─afirmou─ estou convencido, como case todos, que especialmente o terceiro escenario formulado é totalmente improbable, xa que proxecta un suposto macroeconómico de cataclismo para España. Aínda así, superamos todos os supostos presentados polos supervisores europeos".
Para o conselleiro delegado de Banco Pastor, Jorge Gost, "o peor pasará, cremos, con este ano, aínda que a situación seguirá sendo delicada en 2011, polo menos ata que non vexamos unha clara recuperación da demanda interna e maior pulo das exportacións". Sobre o Pastor dixo que "estamos a poñer o noso gran de area, como mostra, por exemplo, o noso crecemento de máis do 21% en hipotecas ou do 59% en préstamos ICO a empresas". Efectivamente, Banco Pastor captou máis de 36.000 novos clientes particulares e 6.200 novas empresas.
A morosidade de Banco Pastor mostra a mesma tendencia practicamente plana dos últimos trimestres. Así o índice a xuño de 2010 sitúase por debaixo da media do sector, nun 5,04%, soamente 40 puntos básicos máis que un ano antes e só 16 puntos básicos respecto a decembro. A cobertura mantense tamén en porcentaxes similares ao ano anterior, do 113% e do 51% se, respectivamente, se consideran ou non as garantías reais asociadas. Por outro lado, o total de fondos de cobertura de risco creceu en 99 millóns de euros e pasouse dos 738 millóns en xuño de 2009 aos 837 millóns en xuño de 2010, deles máis de 125 son preventivos e máis de 180 son de provisión xenérica.
Ademais, Banco Pastor volveu "bater o seu máximo histórico en liquidez" asegurou Gost. Así, en xuño de 2010, engadiu, "xa cubrimos o 74,5% dos nosos créditos a clientes cos depósitos tradicionais, taxa superior ao 71,6% de hai un ano e que nos posiciona cunha clara vantaxe competitiva no sector". Banco Pastor conta tamén cunha primeira liña de liquidez de 1.700 millóns.
PULO COMERCIAL: RECURSOS E CRÉDITOS
Como xa se avanzou, Banco Pastor presenta tamén melloras no negocio comercial. Os depósitos de clientes susceptibles de investimento alcanzan a cifra de 15.267 millóns de euros, 1.601 millóns por riba da cifra de xuño de 2009, o que en termos relativos representa un crecemento do 11,7%. Deste crecemento, un 69%, 1.101 millóns de euros, concentrouse nos seis primeiros meses do ano.
Paralelamente ao comportamento dos depósitos, os créditos a clientes, especialmente nalgúns produtos, tamén manifestan un singular desenvolvemento. No seu conxunto, o investimento crediticio neto crece, respecto a xuño 2009, un 6,2%.
Ante un escenario moito máis adverso do esperado, a marxe de xuros decrece unicamente un 4,2%, "algo previsto ─sinalou Gost─ debido ao curso da economía española e aos baixos xuros, pero que non nos preocupa porque temos un sólido crecemento en préstamos e recursos, que é o máis importante á hora de estar preto dos clientes e principal obxectivo de Banco Pastor a longo prazo".
Pastor logrou practicamente conter os custos estruturais ao crecer só un 4,8% na primeira metade do ano, malia os gastos que ocasiona o alugamento dunha parte da rede de oficinas, vendida o pasado exercicio en réxime de “sale&lease back”.
A ratio de eficiencia situouse no 41,54%, á cabeza de Europa, cuxa ratio se atopa no 57%.
Na estrutura de produtos, cabe destacar de xeito relevante o crecemento das imposicións a prazo do sector residente. Representan o 57% do total depósitos e achegan o 71% do crecemento global, xa que os seus saldos se viron incrementados en 1.135 millóns de euros, un 14,9% respecto a xuño de 2009 e o crecemento semestral é de 818 millóns.
Ademais dos depósitos de balance, o aforro de clientes canalizouse tamén cara a outras modalidades de produtos como son os fondos de investimento e os de pensións. Ambos os dous presentan tamén significativos crecementos interanuais, un 8,4% os primeiros e un 7,7% os de pensións.
Os préstamos hipotecarios vivenda mostran un incremento de 1.334 millóns de euros. O conselleiro delegado de Banco Pastor mostrouse moi satisfeito por esta evolución, sinalando que aínda é máis rechamante observar a evolución do número de operacións, xa que “en só este primeiro semestre do ano se concederon 6.759 préstamos, é dicir, máis do dobre que no mesmo período do ano anterior, en concreto, 3.987 máis, acelerando mesmo o ritmo mantido no segundo semestre de 009".
Aínda que a demanda interna non se recuperou aínda, o número de préstamos ao consumo do semestre elevouse a 7.739, isto é, un 32,2% por riba das rexistradas nos seis primeiros meses de 2009.
Os beneficios alcanzaron os 88,2 millóns de euros ata setembro
Banco Pastor reforza a súa solvencia de cara a 2011 e gaña cota de mercado ao crecer en créditos e depósitos
- O core capital alcanza o 8,35%, mentres que o Tier I se sitúa no 10,49%
- A concesión de créditos a clientes aumenta un 9,2% ata os 21.364 millóns
- A taxa de morosidade crece menos e permanece por debaixo da media do sector
A Coruña, 29 de outubro de 2010. - Os resultados de Banco Pastor ao peche do terceiro trimestre mostran unha evolución comercial positiva e unha estratexia que aposta pola prudencia e a solidez financeira, en liña coa tendencia dos trimestres anteriores, durante o exercicio máis complicado da crise ata a data.
Así, Pastor consolida a súa posición entre os seis mellores grupos bancarios nacionais en solvencia, un dos talóns de Aquiles do sector. Acorde con esta posición, o core capital situouse nun 8,35%, en tanto que o Tier I quedou fixado no 10,49%, uns rexistros que supoñen unha melloría de cinco e de sete puntos básicos, respectivamente, sobre as cifras rexistradas no trimestre inmediatamente anterior.
Este reforzo lógrase a pesar do difícil ámbito financeiro e da denominada guerra do pasivo, na que Banco Pastor non entrou, e que está a incrementar drasticamente a xa de por si forte competencia que rexistra actualmente o sector e que espera continúe durante o próximo exercicio.
Horizonte 2011: eficiencia e prudencia
Por iso, a entidade mantén a prudencia na súa estratexia fronte ás dificultades que poidan sufrir a economía e os mercados financeiros durante o próximo exercicio. De feito, e segundo explica José María Arias, presidente de Banco Pastor, a situación económica para o próximo ano "será complicada, xa que cun incremento do PIB de só un 0,7%, se se alcanza, non se creará emprego, o que non solucionará o problema que ten España co paro, que seguirá aumentando. Tamén se debe ter en conta que as necesidades de liquidez ata finais de 2011 alcanzan os 216.000 millóns de euros no sector, aínda que Banco Pastor ten os seus vencementos cubertos".
Efectivamente, Pastor é unha das poucas entidades españolas que puido emitir débeda nos mercados internacionais tras o verán, "permitíndonos manter nosa activa política de reducir a apelación ao BCE", conclúe Arias.
Como cobertura ante unha previsible deterioración das marxes do sector, Banco Pastor destina 161 millóns de euros a dotacións e mantén un colchón de provisións de practicamente 700 millóns de euros. Malia o aumento destas proteccións, a entidade galega rexistra un beneficio antes de impostos de 88,2 millóns de euros, que supoñen 61,8 millóns de euros de resultado neto atribuído correspondentes aos nove primeiros meses do ano.
Ademais, aínda esta conta de resultados non tivo en conta as plusvalías das últimas operacións corporativas con Espíritu Santo Gestión, S. A., e con e Companhia de Seguros Tranquilidade, S. A., que contemplan a transmisión da sociedade filial Gespastor, S. A., e do 50% de Pastor Vida, S. A. Estes ingresos extraordinarios destinaranse a reforzar aínda máis as nosas provisións.
Nesta evolución positiva no medio da tormenta financeira tivo que ver o feito de que a entidade é capaz de manter a raia a taxa de morosidade, que creceu, nun ano, unicamente 21 puntos básicos, para situarse nun 5,09%, un comportamento que contrasta co aumento de 75 puntos básicos da morosidade media do sector nos últimos 12 meses.
Esta contención responde en parte a que as entradas netas en mora do último ano caeron un 62% respecto ás do mesmo período do ano anterior. Con iso, a ratio de cobertura regulatoria queda situada no 84% tras as novas esixencias anunciadas recentemente polo Banco de España, ao tempo que o índice de cobertura total se eleva ata o 116,4%. Mentres, a ratio de liquidez de Pastor mantense á cabeza do sector no 70,7%, excluíndo a cesión temporal.
O conselleiro delegado de Banco Pastor, Jorge Gost, sinala que "aínda que consideramos que este ano está a ser o máis complicado da crise, nós seguiremos crecendo e afrontando a crecente competitividade do sector baixo a premisa da prudencia de cara a 2011. De aí que manteñamos un alto volume de provisións, coas que creamos unha sólida rede de seguridade, pero sen menoscabo do compromiso adquiridos cos nosos clientes, os que nos seguen confiando os seus aforros, cada vez máis, e para quen seguimos aumentando a concesión de créditos".
Neste último punto, Banco Pastor demostra ter ben engraxada a maquinaria comercial, como constata o feito de que "crecemos tanto en pasivo como en clientes, e gañamos cota de mercado", engade Gost.
Máis depósitos
Efectivamente, o destacable dinamismo da actividade comercial tradúcese no incremento de ata un 12,4% nos depósitos, é dicir, un aumento de 1.717 millóns de euros sobre setembro do ano anterior, co que esta partida ascende ata os 15.613 millóns de euros.
Nesta melloría ten relevancia, en primeiro lugar, o notable incremento das imposicións a prazo do sector residente, que durante os doce últimos meses creceron a taxas do 14%, é dicir, 1.077 millóns de euros. Ademais, cabe destacar a favorable evolución que rexistran as contas á vista, un tipo de produto que implica menos custos que as imposicións a prazo, e que aumentaron un 7,4% en termos interanuais.
A tendencia ao crecemento rexistrada no medio da crise viuse igualmente favorecida por outras modalidades de aforro como os fondos de investimento que rexistran unha taxa de crecemento do 2,3% a pesar de que a evolución media do sector neste tipo de recursos segue sendo claramente á baixa.
Máis financiamento e vinculación
En coherencia e complementariamente á evolución comercial de captación de pasivo, Banco Pastor mantén un destacable ritmo crecente no referente á concesión de financiamento, nun momento especialmente complicado para o fluxo crediticio, no que o volume de créditos a clientes aumentou un notable 9,2% ata alcanzar os 21.364 millóns de euros.
Os produtos máis destacables neste ámbito seguen sendo os Empréstitos Hipotecarios Vivenda, que mostran o maior crecemento cun incremento de 1.452 millóns de euros dende setembro do pasado exercicio. Isto supón un incremento do 33% en termos relativos.
De entre estes produtos debe subliñarse o éxito de "Hipotecal 49", lanzado durante o mes de abril do pasado exercicio e que favoreceu que o número de empréstitos hipotecarios vivenda se incrementara nun 51% entre xaneiro e setembro de 2010 respecto ao mesmo período do ano anterior.
A comercialización deste tipo de produtos permitiu que o banco aumente a proximidade co cliente e a vinculación entre ambos os dous, o que representa un sensible incremento da inversión do balance e, ademais, unha garantía de forza fronte ao complicado panorama do sector financeiro.
PEMES e outros produtos
Esta intensa actividade comercial tamén se está a rexistrar no financiamento a pequenas e medianas empresas (PEMES), un ámbito no que os empréstitos ICO seguen sendo o principal referente da relación de Banco Pastor co mundo empresarial, alcanzando a oitava posición en concesión destes créditos en España. Así, o importe concedido de empréstitos ICO máis que triplica o volume do ano anterior, en tanto que o crédito comercial rexistra un crecemento do 21,9% a taxas interanuais.
Os produtos de vinculación como os seguros de vida rexistran un incremento do 29,3%, en tanto que os seguros de fogar practicamente se duplican en comparación con setembro de 2009 (un incremento do 93%). Ademais, e no medio da guerra do pasivo e da loita por captar clientes, o número de nóminas e pensións domiciliadas xa crecen por enriba das 5.000 en comparación co ano anterior.
As cifras desta actividade permitiron que Banco Pastor teña unha maior presenza no mercado financeiro, o que se traduce nun destacable aumento de clientes, a taxa de incremento das cales se sitúa no 14%.
Conta de resultados consolidada
Os beneficios alcanzaron os 62,1 millóns de euros
tras destinar 103 millóns ao seu fondo xenérico
Banco Pastor continúa reforzando a súa solvencia e ten dotados o 100% dos seus dubidosos
Presenta un plan estratéxico que contempla, a pesar da crise, a apertura de novos centros de empresas e duplicar o beneficio en tres anos.
O core capital alcanza o 8,46%, mentres que o Tier I se sitúa no 10,63%
Os créditos a clientes aumentan un 6,2%, e os depósitos un 6,4%
A Coruña, 11 de febreiro de 2011. - Ante un exercicio complicado como será o 2011 para o conxunto da economía española, Banco Pastor non quere sorpresas futuras e por iso segue traballando en reforzar a súa solvencia que crece con respecto ao terceiro trimestre de 2010 e alcanza en Core Capital o 8,46% e en Tier 1 o 10,63%, fronte aos presentados a setembro que eran do 8,35% e do 10,49%. Con estes datos, Banco Pastor sitúase á cabeza do grupo comparable en Tier 1 e en segunda posición en Core Capital.
Banco Pastor logrou un beneficio neto de 62,1 millóns de euros en 2010 tras destinar 103 millóns a dotacións a provisións xenéricas ante un ano que, a pesar das pequenas melloras, seguirá sendo duro e que polo tanto, como sinalou José María Arias, presidente de Banco Pastor, "require seguir apostando pola prudencia, a solidez financeira e o reforzo dos petos de provisió.
Unha política prudencial en materia de provisións, así como a calidade dos colaterais do risco, permiten que Banco Pastor alcance no peche de 2010 unha ratio de cobertura regulatoria de practicamente o 100% (99,7%).
A taxa de morosidade de Banco Pastor "está controlada", puntualizou Arias. A axeitada xestión da mora conseguiu que a ratio da mora desacelere o seu ritmo de crecemento e peche o 2010 no 5,14%, cun aumento de tan só 5 pbs no último trimestre, 25 pbs nun ano e que, polo tanto, estea moi por debaixo da media do sector ou da súa evolución, que aumentou 60 pbs no último ano. As entradas netas de 2010 caeron un 70%, o cal representa menos da terceira parte das de 2009.
Banco Pastor finalizou 2010 cunha exposición ao sector promotor e inmobiliario de 4
813 millóns de euros, equivalente a un 19,7% da súa total carteira crediticia. Así pois, a ratio de morosidade é do 15,9%, a cal se atopa por debaixo da media do sector.
"As perspectivas non son malas e os deberes xa feitos están a dar os seus froitos. Pero aínda queda moito camiño por percorrer e non debemos relaxarnos" -sentenciou o presidente de Banco Pastor. "Os exercicios de 2012 e 2013 serán períodos de recuperación, aínda que lenta e pequena. Aínda así seguimos captando clientes, depósitos e dando crédito, o que nos animou a preparar e presentar un novo Plan estratéxico de crecemento, apoiado na nosa fortaleza en solvencia e liquidez. Sen descartar aproveitar as oportunidades da reestruturación do sector e crecer en España ".
Os depósitos da clientela crecen un 6,4% e os créditos a clientes un 6,2%. Como consecuencia desta evolución do negocio, a ratio de liquidez alcanza a decembro de 2010 o 71,9%, taxa que compara favorablemente coa do resto do sector. Ademais, Pastor non ten apenas vencementos en 2011 e o groso destes terá lugar non xa en 2012, senón a partir de 2013. Banco Pastor conta cunha primeira liña de liquidez de 1400 millóns de euros.
Plan estratéxico
Aínda que en períodos de crise non é a tónica habitual, Banco Pastor decidiu presentar un plan estratéxico para 2011-2013 chamado Crecemento intelixente.
"Este plan -sinala Jorge Gost, conselleiro delegado de Banco Pastor- baséase no crecemento de calidade e céntrase na xeración de valor, na mellora constante da capacidade para obter beneficio recorrente e no aumento da rendibilidade a través da vinculación cos clientes. Todo iso baseado nun novo deseño do modelo de distribución comercial".
Neste plan, Banco Pastor terá estratexias de negocio diferenciadas para cada territorio, baseadas na posición competitiva, e para cada tipo de cliente.
Arias sinalou que en 2013, grazas a este plan, "Banco Pastor alcanzará o 9,8% de Core Capital e dobraremos o beneficio neto, ao tempo que reduciremos ao 20% o financiamento almacenista, e melloraremos así aínda máis o gap comercial".
No aspecto comercial, Jorge Gost apuntou que "o plan inclúe a apertura de centros de empresas, segmento no que Banco Pastor quere converterse nun referente, en concreto 11 xa en 2011 e por suposto, o 80% do conxunto das nosas oficinas deberán estar en beneficios".
Negocio
■ Banco Pastor deu mostra dun excelente dinamismo do negocio comercial ao longo de 2010. En plena guerra do pasivo, os depósitos de clientes alcanzan a cifra de 15.519 millóns de euros, 931 millóns máis que en decembro do ano anterior, o que en termos relativos representa un 6,4%, fronte ao 2,3% do sector..
Por produtos, destaca de xeito relevante o crecemento das imposicións a prazo do sector residente, que crecen a taxas do 5,1%, 403 millóns de euros. Galicia é un mercado prioritario para Banco Pastor, así demóstrao o feito de que máis da metade dos novos depósitos a prazo captados en 2010 proceden desta comunidade autónoma.
Os créditos a clientes crecen un 6,2% ata alcanzar os 21.652 millóns de euros, taxa moi superior á do sector onde o crédito ao sector residente crece tan só un 0,5%.
As cifras avalan o forte dinamismo comercial e o esforzo de fidelización e venda cruzada:
O número de altas de clientes crece un 7,4% mentres que o número de altas de clientes vinculados, obxectivo prioritario da nosa política comercial, se eleva un 36%.
O número de concesións de empréstitos hipotecarios vivenda incrementouse nun 18% nos últimos doce meses.
O número de seguros de vida crece un 10,5%.
O número de seguros de fogar aumenta un 68,8%.
O ritmo de crecemento de nóminas e pensións domiciliadas increméntase un 12,6%.
Esta intensa actividade comercial tamén ten o seu reflexo no financiamento ás empresas. Así, o número de altas de clientes de empresas vinculados crece un 36,5%.
Ademais, o número de cedentes de papel comercial e de negocio exterior aumenta un 58% e o número de seguros de negocio crece un 163%.
Os empréstitos ICO continúan sendo o gran referente da relación de Banco Pastor co mundo empresarial, e mostra diso é o feito de que é a novena entidade financeira no ranking español por volume de financiamento de empréstitos ICO e a 1.ª entidade financeira galega. O volume de financiamento canalizado polas liñas ICO, 524 millóns, cuadriplica a cifra de 2009.